España vence a Rumanía (9-7) e soña coa fase final

waterpolo250_240210.jpgPONTEVEDRA> Pontevedra acolleu o primeiro encontro que a selección española xoga como local na Liga Mundial ante Rumanía e que retransmitíu esta canle. Gañou o combinado nacional, nun partido moi emocionante polo que se mete de novo na loita por estar na fase final.

{flowplayer}images/salnes/waterpolo_240210.flv{/flowplayer} 

Pontevedra respondeu á chamada do waterpolo e ateigou as bancadas do Complexo Deportivo Rías do Sur para preseciar un partido que era trascendental para a selección española. As súas opcións de clasificación para a fase final pasaban por unha victoria ante Rumanía, e de momento mantéñense vivos na Liga Mundial. E iso que onte tiveron que sobrepoñerse a un moi mal arranque de encontro. 

España tardou case que un cuarto e medio en inaugurar o seu marcador. Pero a partir de ahí, o dominio foi total, e os pupilos de Rafa Aguilar souberon atacar a defensa plantexada polo técnico rumano. Liderados por un inmenso Iñaki Aguilar na portería e por Fernando Perrone no aspecto goleador, autor de catro tantos, España púxose 9-5 por diante a falta de pouco máis dun minuto para o remate.

Nese intre ademais da victoria, importaba o golaverage, xa que os rumanos venceran por 9-7 na ida. A única mágoa polo tanto foi esa, xa que nos derradeiros intres os visitantes igualaron esa diferencia. 

Con todo, o apoio da afección foi importantísimo para que o equipo acadase a victoria.

As opcións de clasificación de España pasan agora por vencer nos dous vindeiros encontros a Turquía e a Serbia, ambos partidos disputaranse en Pontevedra. Tan só o primeiro de grupo pasa á seguinte fase pero España podería facelo como segundo, sempre e cando Serbia sexa primeira, xa que o país balcánico acude á fase final en calidade de organizador.

Redacción Salnés