Luís Bará podería substituír a Aymerich no Parlamento galego

     PONTEVEDRA> A inminente renuncia de Carlos Aymerich como deputado parlamentario do BNG na asemblea nacional deste domingo…

    {flowplayer}images/salnes/relevo_aymerich_pontevedra.flv{/flowplayer}

    … podería obrigar ó BNG de Pontevedra á reordenación interna. O arestora edil de medioambiente e obras Luis Bará sería o seguinte na lista autonómica do Bloque, ó que significa que, de ser escollido para ocupar este novo cargo deberá escoller entre as súas responsabilidades no goberno municipal pontevedrés ou as novas funcións no Parlamento Galego.

    A decisión terá que adoptarse en cuestión de días; trala baixa de Aymerich na primeira liña do partido, que non na militancia de base, o BNG dispón de días para presentar a documentación do seu substituto na cámara do Hórreo.

    A executiva nacional e local do BNG e o propio afectado estarían sopesando a modo esta decisión, agora que Bará é unha das figuras con máis peso no Goberno Local de Pontevedra e con maior capacidade de interlocución ca cidadanía. O Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, coñecedor das dúas vertentes, a cúpula do BNG en Santiago e a executiva local de Pontevedra, rexeita pronunciarse sobre esta encrucillada.

    De marchar Bará a Santiago, a súa suplente nas listas do BNG en Pontevedra sería María José Rodríguez Martínez, a que fora número catorce nas pasadas eleccións. Este cambio sería o oitavo na corporación municipal pontevedresa no que vai de lexislatura; tralos cinco do PP; protagonizados polo padexeiro David Cal e polo agora deputado no Congreso Telmo Martín e o abandono dos tres concelleiros disidente con Jacobo Moreira; e, xa dentro do BNG, por Anxo Ramiro Paz, e por Lola Dopico.

    Redacción Salnés