AXEGA e Portos axilizarán a atención de emerxencias na rede portuaria

     RIBEIRA> A Axencia Galega de Emerxencias e Portos de Galicia asinaron un convenio para garantir a maior rapidez de resposta no caso de incidencias en calquera punto do sistema portuario galega.

    {flowplayer}barbanza/convenioaxegaportos.flv{/flowplayer}

    O protocolo de colaboración permitirá mellorar a coordinación de operativos de emerxencia que se poidan requirir en calquera dos 123 portos autonómicos. Na actualidade, Portos de Galicia xa conta cunha área de estratexia para verificar os sistemas de actuación a través de simulacro así como unha rede de bases operativas dotadas dos medios necesarios para intervir en caso de episodios de contaminación.

    Toda esta infraestrutura verase reforzada coa axencia galega de emrxencias que a través de visitas técnicas ós diferentes portos disporá de información actualizada sobre os recursos e medios existentes en cada instalación.

    Redución tempos de intervención

    O obxectivo é poder mobilizar os medios adecuados e reducir o tempo de intervención no caso de producirse unha situación de emerxencia.

    A recollida de información permitirá no só perfeccionar os protocolos de resposta senón poñer ne marcha mecanismos de prevención para evitar accidentes nos portos galegas.

    Redacción Barbanza