Comezan as obras de acondicionamento de camiños e accesos a praias

    POBRA> As actuacións están a ser realizadas pola brigada de obras municipal e a empresa Excom-Javasán, cuxos servizos foron contratados novamente polo concello. A intención do executivo local é conseguir que no mes de xullo, xa en plena época estival, na que se prevé a chegada masiva de veraneantes á localidade, tódolos camiños e accesos ás praias estean nas mellores condicións. Ó mesmo tempo tamén se levarán a cabo tarefas de desbroce e limpeza de cunetas nas parroquias de Santa Cruz, San Isidro e o Xobre e o Caramiñal. Durante estes días dende o concello tamén se continuará cos labores de limpeza de tódolos areais, para que presenten a súa mellor cara. O executivo pobrense está a espera tamén da chegada de novos reforzos coas contratacións de novas brigadas. Tamén se procederá ó pintado e a instalación de nova sinalización ó longo de toda a rúa Castelao e á zona de beiramar.

    Comments are closed.