O Grupo Nove convirte a conserva en delicatessen

     CAMBADOS> Varios membros desta asociación de cociñeiros de vangarda de Galicia, trasladáronse hoxe ata Cambados. Alí realizaron unha visita á fábrica da Real Conservera Española.

    {flowplayer}images/salnes/VisitaRealConservera_180313.flv{/flowplayer} 

    Antonio Botana, do Pandemonium, e Yayo Daporta exerceron de anfitrións no encontro que mantiveron hoxe en Cambados varios membros do Grupo Nove. Este tipo de visitas son habituais entre estes cociñeiros que desta volta visitaron a fábrica da Real Conservera Española, situada no polígono de Sete Pías e fixeron un percorrido polas súas instalacións.

    Entre os cociñeiros atopamos entre outros a Xosé Torres -Pepe Vieira-, Pepe Solla, Gonzalo Rei -Mercadito de Santiago- ou Eduardo Pardo e Miguel Ángel Campos. Todos eles degustaron despois o pincho preparado por Botana e Daporta,  a base de conservas feitas pola Real Conservera Española. 

    Foi unha boa ocasión para botar abaixo os clichés da lata de conserva e aprender que con ela tamén cadra a cociña moderna e elaborada.

    Redacción Salnés