PORTO DO SON> Todo está preparado en Porto do Son para poder acoller a Feira Celta. Despois de dous anos sen celebrarse a consecuencia da pandemia, a cita, que terá lugar esta vindeira fin de semana, venres, sábado e domingo, recupera o seu esplendor, devolvendo a vila ás súas orixes.
A inauguración oficial terá lugar este venres coa apertura do mercado celta, que este ano conta ademais con maior número de postos, o que conlevará ter que ocupar máis rúas.
Durante toda a fin de semana trasnos, bufóns, elfos ou ananos percorrerán este mercado nos numerosos pasarrúas previstos, entre eles os do grupo Troula Animación, que levantan sempre moita expectación entre o público.
Da organización da feira encargarase a empresa ‘La Fragua de Vulcano, a mesma que organizou a edición de 2019 e que resultou todo un éxito, polo que o Concello decidiu repetir experiencia.