Do 22 ao 24 de xuño chega a Ferrería a II Festa dos Libros

Pontevedra> Pontevedra acollerá do 22 ao 24 deste mes unha nova edición da Festa dos Libros. Unha cita onde, nesta ocasión, participarán 15 librarías da cidade e que contará cunha libraría convidada dende Portugal. Durante tres días a Praza da Ferraría converterase nun punto de encontro entre escritores, libreiros, editorias. Un evento que contará coa participación de 60 autores e máis de 35 actos ao longo deses tres días.

Todo listo para acoller un ano máis a Festa dos Libros en Pontevedra, unha cita onde participarán 15 librarías da cidade e que neste ano contará cunha novidade, unha libraría convdiada dun país veciño, de Portugal.

Os postos estarán abertos o venres e o sábado de 11:00 a 14:30 e de 18:00 a 23:30 e o domingo o peche será media hora antes, ás 23:00 da noite. Unha cita que ofrecerá descontos en todas as compras, asi como sinaturas en todos os espazos. As e os libreiros da cidade están encantados con esta iniciativa.

Os libros chegarán ademais acompañados dunha completa programación que abrangue a presenza de 60 autores e autoras que participarán en 35 actos repartidos entre sinaturas de libros, presentacións, charlas, mesas redondas, obradoiros ou actuacións musicais.

Con esta festa literaria que terá lugar do 22 ao 24 deste mes o concello de Pontevedra busca o fomento da lectura e da creación, así como o apoio ao sector da cultura e do libro como motor de desenvolvemento e dinamizador da cidade.