Pontevedra asegura que non se contou con eles no Plan de emerxencias

     PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra desminte que ter tido algunha vez convite algún da Xunta de Galicia ou da Deputación Provincial

    {flowplayer}images/salnes/memoria_bombeiros_pontevedra.flv{/flowplayer}

    … para mancomunar o servicio de Emerxencia e extinción de incendios. Aseguran que son eles os que queren poñer sobre a mesa a mancomunación deste servicio que debe ser sempre de caracter público. A responsable de Protección Cidadá de Pontevedra, Carme da Silva facía estas declaracións no acto de presentación da Memoria de actividades do ano 2012 dos Bombeiros de Pontevedra. Un documento no que se resumen as 304 intervencións que desenvolveu este corpo de emerxencias durante o ano pasado. Nesta memoria reflíctense tamén outros datos estatísticos dos servicios prestados no pasado exercicio como que a meirande parte das intervencións son resoltas entre os 15 e os 30 minutos; que o mes no que máis demanda tiveron os Bombeiros de Pontevedra, en contra do que se puidera pensar, foi o de decembro, e que as horas punta do día nas emerxencia son as do mediodía, entre outras curiosidades.

    Para atender todas esta incidencias, os Bombeiros de Pontevedra contan cun plantel composto por 39 persoas distribuídos en catro quendas de 9 persoas, amais de tres en tarefas administrativas. A súa media de idade é moi nova contando máis da metade do persoal con menos de 40 anos; tendo o máis veterano do parque tan só 53 anos.

    Todos eles atenden emerxencias dentro e fóra do Concello de Pontevedra; aínda que estas últimas son cada vez menos, a xulgar polas 21 saídas producidas no 2012 fóra dos límites de Pontevedra. A previsión é que neste ano este corpo de emerxencia conte cun servicio de lancha e moto acuática que optimice o servicio dos Bombeiros tamén polo cauce do Lérez cara a Ría.

    Redacción Salnés