A quita merma as esperanzas dos afectados de recuperar os seus aforros

     BARBANZA> A imposición da quita dilúe as esperanzas das máis de sesenta e catro mil familias galegas afectadas polas preferentes que aínda non cobraron.

    {flowplayer}barbanza/imposicionquitapreferentes.flv{/flowplayer}

    Preto de doce mil familias galegas recuperaron os cartos investidos en preferentes e subordinadas de Novagalicia Banco. Sen embargo aínda quedan sesenta e catro mil pendentes de coñecer o futuro dos seus aforros.

    A quita obrigatoria imposta polo fondo de rescate, coa que perderán entre o dez e o cincuenta e cinco por cento dos fondos, é xa inminente polo que cada vez son menos as esperanzas de recuperar os seus cartos.

    Aínda así, a imposición da quita non paraliza o proceso xudicial nin a vía do arbitraxe polo que os afectados pensan seguir coas súas mobilizacións. E non só os que cobraron. No concello de Boiro permanecen pechados moitos dos que xa recuperaron os seus cartos en apoio ós que non o fixeron posto que consideran que teñen o mesmo dereito.

    Precisamente os criterios para decidir que cobra ou non seguen a ser unha incógnita qeu indigna aínda máis se cabe ós afectados que denuncian a falta total de apoio por parte das administracións públicas.

    Redacción Barbanza