A Pobra renova o convenio de patrocinico coa atleta Lidia Parada

POBRA> Pasa por ser unha das mellores deportistas locais con numerosos títulos tanto a nivel autonómico coma nacional, por iso o Concello decidiu continuar a darlle o seu respaldo, agora que a lanzadora de xavelina vén de pasar por un mal momento, con numerosas lesións que lleimpediron rendir ó seu máximo nivel. Un xesto que Lidia agradece.

Un dos seus retos é poder chegar ós Xogos Olímpicos de París.

Tanto o alcalde, José Carlos Vidal, coma o edil de Deportes, Eloy Sobrido, destacaron a importancia de seguir mantendo este vínculo coa deportista, que seguirá levando o nome da Pobra por todos aqueles lugares ós que acuda a competir.

A contía asignada á deportista ascende ata os seis mil euros: catro mil fixos e dous mil en caso de asistir ás Olimpíadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí