“A Mancomunidade do Salnés é un exemplo de traballo eficiente”

     MEAÑO> Alfonso Rueda visitou hoxe as obras levadas a cabo na Mancomunidade do Salnés para a mellora das redes de saneamento.

    {flowplayer}images/salnes/ActuacionsAmbientaisSalnes_220313.flv{/flowplayer} 

    Alfonso Rueda visitou hoxe as obras levadas a cabo na Mancomunidade do Salnés grazas ao Fondo de Compensación Ambiental. Realizáronse melloras das redes de saneamento dos concellos de Meaño, Meis e Ribadumia, que contaron cun orzamento de 145.000 euros.

    Para acometer estas obras a Mancomunidade recibiu o ano pasado máis de 100.000 euros na liña competitiva procedente do canon eólico. O vicepreseidente autonómico destacou a aposta dos concellos pertecentes á Mancomunidade do Salnés de prestar servizos conxuntamente. Algo que serve para que a administración faga un traballo máis eficiente.

    Na mesma liña, Alfonso Rueda avanzou que na orde do Fondo de Compensación Ambiental deste ano, volverase a primar e discriminar positivamente a todos os concellos que presenten iniciativas de prestación de servizos conxunta. Sinalou que a Xunta xa ten identificadas máis de 20 ordes de subvencións, cun montante global de máis de 40 millóns de euros.

    Redacción Salnés