Concentración en Dodro contra o peche do único banco do concello

     DODRO> Ó berro de non ó peche, os veciños de Dodro concentráronse ás portas da oficina de NovaGalicia Banco. Trátase da única entidade bancaria que existe en todo o concello.

    {flowplayer}barbanza/pechebancododro.flv{/flowplayer}

    Tras máis de corenta anos funcionando, o plan de reestruturación de Nova Galicia Banco obrigara ó peche da sucursal que a entidade ten en Dodro. Dáse a circunstancia de que é a única oficina bancaria que existe en todo o concello polo que a súa desaparición obrigaría ós veciños a desprazarse ata outros municipios como Padrón ou Rianxo para realizar calquera xestión.

    Ademais da concentración de protesta desenvolvida este mediodía, os veciños iniciaron unha campaña de recollida de sinaturas.

    Tamén dende o concello mantiveron un encontro con representantes da entidade bancaria solicitando que se manteña a sucursal ou ben que se busque unha solución alternativa para garantir o servizo ós veciños.

    Redacción Barbanza