![]()
PONTEVEDRA> O secretario da Deputación de Pontevedra será o encargado de elaborar un modelo para que os 27 deputados provinciais fagan públicos os seus datos patrimoniais.
{flowplayer}images/salnes/PATRIMONIO_DEPUTACION.flv{/flowplayer}
E farao en función das propostas feitas na xunta de portavoces. O formulario estará listo para a vindeira semana e a declaracións de ben e patrimonio, que será voluntaria, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e tamén na web da Deputación.
Arestora o secretario da Deputación dispón xa de datos de patrimonio achegados polos deputados, pero esta información deberá actualizarse con datos deste ano. O que se fará será un modelo propio da Deputación que tratará de ser a gusto de todos.
O presidente da Deputación insistiu en reclamar ó goberno central que regule este asunto aproveitando a modificación da lei de administración local.
Redacción Salnés











