Medio Rural impulsa a marca de calidade para a horta galega

    horta.jpg
    SALNES> A Xunta ten xa elaborada a norma técnica para nove produto se en breve daralla a coñecer ó sector.

    A consellería do Medio Rural segue a dar pasos na implantación dunha Marca de calidade que identifique ós produtos da horta de Galicia. Segundo explicou o secretario xeral de Medio Rural e Monte, Tomás Fernández, na comisión sétima de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, a Xunta elaborou xa unha norma técnica para nove produtos hortícolas frescos cultivados ó aire libre e en invernadoiros. Trátase do feixón verde, leituga, nabiza/grelo, pataca, pementos, repolo, tomate e verza. A normativa inclúe aspectos como os requisitos de xestión medioambiental, requerimentos de trazabilidade ou un manual de boas prácticas. Fernández explicou tamén que o goberno galego xa rexistrou o nome e o logo da Marca na Oficina Española de Patentes e Marcas.
     
    Agora queda pendente unha reunión entre consellería e sector para informarlles dos requisitos e contido da norma, así como perfilar os compromisos que este último estaría disposto a asumir.
     
    Redacción Salnés