Unha vintena de tourperadores rusos visitarán o Salnés

     VILANOVA> A Mancomunidade do Salnés ven a dar o primeiro paso para comenzar a venderse en Rusia como destino turístico

    {flowplayer}images/salnes/TurismoVilanova_120413.flv{/flowplayer} 

    Os contactos feitos en Fitur 2013 semella que comezan a dar os seus primeiros froitos. Co apoio das diferentes administracións e de Turgalicia, a comarca do Salnés recibirá no mes de maio a visita de entre 20 e 30 axentes de compra de touroperadores rusos. Estes estarán en Galicia entre o 9 e o 13 de maio, e adicarán dous días (11 e 12) a coñecer as bondades turísticas do Salnés. Estarán en Sanxenxo, O Grove, Cambados, Vilanova ou a Illa, con visitas ós puntos turísticos máis destacados, como A Toxa, A Lanzada ou Armenteira. O Presidente da Mancomunidade fai unha valoración positiva desta nova, pero pide cautela. 

    Con todo dende a Mancomunidade do Salnés cren que detrás do turismo ruso hai unha gran oportunidade económica para a comarca, toda vez que o inglés e o alemán, están moi asentados tanto nas Illas como no levante español.

    Gonzalo Durán quixo engadir que dende Vilanova seguirán a traballar na captación de turismo alemán tanto para o concello como para a comarca e que por iso enviarán proximamente á edil Nuria Morgade a realizar unha visita ó norte deste país na que tentará establecer contactos comerciais.

    Redacción Salnés