Un incendio causa importantes danos materiais nun baixo en Araño

     RIANXO> Tres persoas tiveron que ser trasladadas ó centro de saúde a consecuencia da inhalación de fume.

    {flowplayer}barbanza/incendioaranho.flv{/flowplayer}

    Aínda que foi solicitada a presenza dos equipos de emerxencias, Protección Civil e Policía Local de Rianxo, así como tamén efectivos do parque de bombeiros de Boiro, á súa chegada o lume xa fora extinguido grazas ós esforzos tanto dos propietarios da vivenda afectada como dos propios veciños que axudaron tamén a sufocalas chamas.

    Posible cortocircuito

    O lume , ó parecer iniciouse na zona da caldeira, provocando importantes danos materiais no baixo pero non persoais. O que si, debido á gran fumareda provocada polo incendio foi necesaria o traslado en ambulancia ata o centro de saúde da localidade de tres das persoas que residían na vivenda, a consecuencia da inhalación do fume.

    Redacción Barbanza