Satisfacción en Rianxo ante a construción da futura residencia por parte da Deputación

RIANXO> A Deputación da Coruña vén de asinar un convenio cos concellos de Rianxo, Ordes e As Pontes para a construción de residencias da terceira idade. Crearase así unha rede provincial de prazas públicas para asistencia ós maiores.

Satisfacción en Rianxo tralo protocolo de colaboración asinado coa Deputación da Coruña para a construción dunha residencia para a terceira idade. emprazarase en Rianxiño, nos terreos de titularidade municipal anexos ó IES Félix Muriel.

Ademais de asumir a contrución das instalacións, cun investimento de dous millóns de euros, a Deputación encargarase da xestión dos equipamentos e financiamento das 50 prazas públicas que se prevén crear.

Nas próximas semanas, a Deputación transferirá ó concello unha partida de 300 mil euros para sacar a licitación o proxecto construtivo da nova residencia con vocación pública e comarcal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí