Investigan a orixe dun cento de pastillas achadas na praza dos Muíños

     RIBEIRA> A praza dos Muíños, remodelada recentemente , segue a ser un punto de venda e consumo de droga. Unha denuncia veciñal propiciou a incautación de máis dun cento de pastillas.

    {flowplayer}barbanza/pastillasprazamuinhos.flv{/flowplayer}

    Precisamente foi un veciño quen dou a voz de alarma ó observar varias pastillas de cores tiradas polo chan. Inmediatamente avisou á policía quen tras inspeccionar a zona achou máis dun cento de pastillas escondidas nunha xardineira e tapadas cunha lousa de pedra. A policía xudicial fíxose cargo da investigación para determinar a orixe das substancias.

    Na praza situase tamén unha gardería polo que é constante o ir e vir de nenos pequenos. A presenza de xente consumindo estupefacientes preocupa ós pais. Ademais alertan que nos últimos meses concéntranse grupos de mozos máis novos que presuntamente dedícanse a trapichear con droga. 

    Tamén os veciños dos inmobles que rodean a praza denuncian a situación. Malia que a maioría prefiren non falar diante das cámaras, todos se queixan das molestias que ocasionan especialmente polo ruído ou os desperdicios que xeran posto que é frecuente que rebusquen nos contedores.

    Redacción Barbanza