A Feira do Libro volve a Pontevedra tras nove anos sen ela

     PONTEVEDRA> A pontevedresa Praza da Ferrería volverá a albergar a partires de mañá e ata o domingo, unha feira do libro novo.

    {flowplayer}images/salnes/ptac_feira_libro_ponte.flv{/flowplayer}

    Baixo o lema de “Pasen e Lean” os libros que acaban de saír do prelo serán presentados en sociedade na Capital de Provincia, grazas a unha iniciativa conxunta da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, da Federación Galega de Libreiros e do Concello de Pontevedra. En total haberá unhas 14 casetas de librerías nos que se poderán mercar libros cun 10 % de desconto. Nelas presentaranse case unha ducia de novidades editoriais e outros tantos escritores asinaran exemplares dos seus últimos libros. Haberá tamén unha biblioteca de préstamo infantil e algún stand institucional.

    Nesta edición anovaranse contidos para adaptar este tipo de feiras ás novas tecnoloxías; o que quere dicir que haberá tamén oco para o libro electrónico e outras actividades complementarias para tódolos públicos.

    As previsións non podían ser mellores dado que moitos comerciantes e interesados en participar tiveron xa quedar fóra por cuestión de copo. Amais o bo tempo facilitará que se pasen por esta céntrica praza os amantes da lectura en horario de once a dúas pola mañá, e de cinco a nove pola tarde, ampliando unha media hora o peche na fin de semana.

    A apertura terá lugar mañá ás once da mañá, aínda que o acto de inauguración institucional, con actuación de humor incluída, non comezará ata as sete da tarde.

    Redacción Salnés