NOIA> Tralo éxito da preestrea, o musical ‘Unha noite na Eira do Trigo’ regresa a Noia o próximo 4 de xaneiro. Esta homenaxe a ‘Los Tamara’ inicia na vila noiesa unha xira que repasará o repertorio do mítico grupo noiés da man de La Ocaband.
Cine, teatro e música en directo compoñen o espectáculo ‘Unha noite na Eira do Trigo’ que volverá recalar en Noia o xoves 4 de xaneiro.
Este musical que constitúe unha homenaxe a ‘Los Tamara’ xa colleitou gran éxito na súa preestrea na localidade polo que os seus produtores decidiron iniciar a súa xira na vila noiesa onde se prevén unha ou dúas funcións segundo a venda de entradas que terán ademais carácter solidario.
O prezo das entradas é de cinco euros, donativo que se destinará integramente a Cáritas e Cruz Vermella. O espectáculo conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.











