![]()
VILAGARCÍA> Durante os últimos meses estivéronse a levar a cabo traballos de conservación e mellora deste espazo natural. Foi a través dun obradoiro impulsado polo concello.
{flowplayer}images/salnes/TraballosXardinBotanico_210513.flv{/flowplayer}
Doce persoas están a traballar no Monte Castriño en Vilagarcía, a través do obradoiro de emprego Vista Alegre, promovido pola concellería de Benestar. Estes traballos consistiron, entre outras cousas, na poda de árbores e céspede, labores de desbroce e limpeza de taludes ou escaleiras e retirada e troceado das árbores caídas por mor dos temporais de vento do inverno.
Este obradoiro de emprego rematará no mes de xuño, logo de catro meses en funcionamento. Logo será o propio concello o que asuma a conservación do Monte Castriño.
O alcalde Tomás Fole maila concelleira de benestar, Elena Suárez, resaltaron a importancia que ten para a cidade poñer en valor este tipo de espazos naturais que outorga unha alternativa máis de ocio tanto a veciños como a visitantes.
Redacción Salnés






