Unha veciña de Rianxo cae ó río co seu vehículo en Moraña

    PONTEVEDRA > O xoves deixou un elevado número de accidentes de tráfico na provincia de Pontevedra. Un en Moraña e outro en Pontevedra cidade, de mañá, e un terceiro, pola tarde en Sanxenxo. A pesar do aparatoso dos incidentes, especialmente o de Moraña, non houbo que lamentar víctimas mortais se ben o estado dun dos conductores do accidente en Sanxenxo revestía gravidade no momento do traslado ó hospital e se temía pola súa vida. Tamén estaba grave a conductora da furgoneta que caeu ó río en Moraña e que poden ver na imaxe.

    accidentemorana_200_090306.jpgAínda así saíu ben parada do accidente que tivo ó caer ó río no linde entre Moraña e Cuntis xa que, a pesar de permanecer ingresada no Hospital Dominguez de Pontevedra, H.N. duns 30 anos de idade, evoluciona favorablemente das policontusións sufridas despois de ter atravesado a varanda co vehículo, que foi arrastrado pola corrente do río uns 100 metros. Nunha das saídas de Pontevedra houbo outro accidente no que non houbo que lamentar tampouco víctimas mortais.

    O conductor dun Peugot 206 gris, un pontevedrés de 46 anos que responde ás iniciais de M.R.P., íaaccidentepontevedra_200_090306.jpg dirección Coruña cando ó intentar coller un papel que lle voou no coche polo vento se foi contra o quitamedos e volcou. Un Mercedes 270 que viña detrás colisionou co vehículo. O Mercedes era conducido por A.C., cambadés de 77 anos de idade.

    Xa pola tarde colisionaron en Sanxenxo unha moto e mais un coche. O conductor da moto, Orlando Álvarez veciño de Dorrón e duns 40 anos de idade, perdeu o control na estrada provincial 308 na zona de Nanín. Chocou frontalmente contra un Citroën Xsara de cor blanco. O coche, con matricula PO-7560-BX, ía conducido por dúas señoras que non corren perigo. O conductor da moto, en cambio, permanecía ingresado no Hospital Domínguez de Pontevedra e o seu estado revestía gravidade cando foi trasladado.

    Redacción Salnés