O BNG esixe información sobre os recursos á ampliación do Hospital

     VILAGARCÍA> Dende a formación nacionalista pedirán a documentación precisa para descubrir as razóns que están a retrasar a ampliación do Hospital do Salnés.

    {flowplayer}images/salnes/BngHospital_270513.flv{/flowplayer} 

    Dende o BNG aseguran que o PP realiza manobras de distracción para non contar a verdade á cidadanía. Unha verdade que segundo os nacionalistas sería non invertir na ampliación do Hospital do Salnés para desviar eses fondos ó futuro centro de Montecarrasco, en Pontevedra.

    Montse Prado aludiu ás verbas da Xererente do Sergas, Nieves Domínguez, na comisión de Sanidade do pasado día 16. Di que delas se deduce que o proceso está parado, xa que non se dipoñen dos terreos necesarios e nin se licitou nin se adxudicou a obra.

    Os nacionalistas preguntarán por estas cuestións na seguinte Comisión de Sanidade así como pedirán toda a documentación ó Sergas e á Mancomunidade do Salnés sobre o estado dos terreos nos que se levaría a cabo a ampliación. Tamén solicitarán os expedientes de cada un dos cinco recursos presentados á licitación do proxecto. Uns recursos que son os que dende o PP, di Prado, están a utilizar como escusa para non contar a verdade. 

    Tanto Prado como Allegue esixen responsabilidades a tódolos alcaldes da comarca por non facer nada por acelerar o proceso. Culpan ós populares da situación dun hospital que cada vez ofrece peores servizos polas pobres condicións laborais que soportan os facultativos que alí traballan.

    Redacción Salnés