Mías de 720 alumnos de Vilagarcía mobilizáronse contra a violencia de xénero

VILAGARCÍA>  Os concellos do Salnés mobilízanse contra a violencia de xénero. Os actos en repulsa ao machismo sucédense por toda a contorna. En Vilagarcía máis de 700 estudantes déronse cita non auditorio para visualizar diferentes representacións contra esta lacra. As 12 e media tivo lugar a lectura do manifesto en diferentes puntos da vila.

O concello de Vilagarcía sumouse ás mobilizacións do 25 de novembro. O goberno local, a través da súa área de igualdade e o centro de información á muller, convocou un acto no auditorio ao que asistiron máis de 700 estudantes dos diferentes centro educativos da vila.

No auditorio expuxéronse diferentes representacións que os alumnos elaboraron nas últimas semanas.

O obxectivo é previr a violencia mediante a educación.

A continuación tivo lugar a lectura do manifesto en diferentes puntos da vila. Un deles foi o instituto Castro Alobre, onde unha representación do alumnado do centro levou a cabo a interpretación do manifesto.

As mobilizacións do 25n coinciden cun novo caso de violencia de xénero acontecido en Tenerife. Tanto o alcalde e a concella de Vilgarcía, como as representantes do CIM e dos diferentes centro educativos condenaron os feitos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí