![]()
PONTECESURES> O Delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Touris, comprobou hoxe en Pontecesures…
{flowplayer}images/salnes/visita_touris_pontecesures_270513.flv{/flowplayer}
…o funcionamento dun novo vehículo para a dotación de Protección Civil local. O todoterreo, un Nissan Pathfinder, supuxo un investimento de 40.000 euros, dos que uns 32.000 proceden da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia a través do Fondo de Compensación Ambiental, do coñecido como canón eólico de Galicia.
Este 4×4 ven a completar o parque móbil da dotación local de Protección Civil, composta por 17 voluntarios e que opera tamén nos Concellos veciños de Valga e Catoira de xeito desinteresado. Dado o seu caracter altruísta, o Alcalde avogou por procurar máis axudas para manter este colectivo de Protección Civil que acomete tarefas tan importantes como a de coordinar operativos en accidentes de tráfico, participar nas labores de extinción de lumes urbáns e forestais, e mesmo atallar riadas.
E, precisamente, o problema dos asolagamentos podería ser tido en conta na nova xeira de axudas deste ano do Fondo de Compensación ambiental, que prevé este ano un orzamento de 8.9 millóns de euros. O Delegado Autonómico animou ó rexedor cesureño a solicitar obras de saneamento e separación de augas pluviais e fecais en base a estas axudas.
Redacción Salnés






