O plantel de FAMECA maniféstase para que lles paguen

     CALDAS> Os extraballadores de FAMECA botáronse hoxe a rúa en Caldas para reivindicar o cobro dos salarios e indemnización que a empresa…

    {flowplayer}images/salnes/protesta_fameca_caldas.flv{/flowplayer}

    … lles adebeda; tralo seu peche en outubro do ano pasado. A mobilización comezou na emblemática Praza das Palmeras e desde alí peregrinaron ata Saiar, pasando de camiño pola casa do seu ex-xefe. A súa mobilización rematou diante da nave de Beaver Engenering, onde o plantel de FAMECA asegura que continúa alí a actividade da empresa con outro nome empresarial e baixo a dirección dun home de palla de Castor Rodríguez Díaz, o seu ex-xefe, que amais traballa tamén neste mesmo lugar arestora. Denuncian que trasladaron ata aquí a maquinaria da súa ex-empresa, acometeron obras na mesma e tamén reempregaron a catro dos seus compañeiros.

    Estes extraballadores están indignados de que se lles trate así logo de meses loitando porque a empresa saíse adiante. Denuncian que había carga de traballo dabondo, pero a nefasta xestión do empresario fixo que deixase de ser viable.

    FAMECA continuará ca súas reivindicacións nos próximos días ata a celebración do xuízo que teñen pendente para o 11 de xuño. O outro lugar escollido para un escrache é a casa da familia da muller do empresario, na Matanza, en Padrón.

    Redacción Salnés