O Conselleiro de Medio Ambiente visitou esta mañá o concello de Poio. Alí, na parroquia de Raxo comezouse a demoler hoxe a estrutura dun edificio en construción, paralizado dende hai dez anos. Uns traballos que se prolongarán durante o vindeiro mes e medio e que reparará a ilegalidade urbanística feita no seu día. Agustín Hernández explicou que a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística converteuse en 4 anos nun instrumento eficaz a prol do uso racional do solo e a loita contra o feísmo urbanístico con preto de 1.000 expedientes de reposición da legalidade abertos e case 300 demolicións efectuadas ata o día de hoxe. Así o sinalou o conselleiro durante a supervisión dos traballos de demolición da estrutura dun edificio no núcleo de Raxo. Trátase dunha edificación de 170 m² destinada a vivendas. Hernández indicou que a finalidade última da Axencia non é sancionar, senón reparar ilícitos urbanísticos. Agustín Hernández precisou que actuacións coma esta sirven para a reparación de ilegalidades urbanísticas e a protección do medio ambiente e a paisaxe. Engadiu que, neste caso, se trata dunha construción que leva unha década paralizada e que constitúe un claro exemplo de feísmo. A demolición da estrutura de formigón realizarse mediante o uso dunha cizalla hidráulica acoplada a una retroexcavadora, un método que ten unha repercusión menor nas vivendas anexas. Durante o desenvolvemento das accións non haberá ningún servizo afectado polas obras, xa que a estrutura non estaba conectada a ningunha rede, aínda que si serán necesarias restricións puntuais do tráfico. {flowplayer img=images/ano2013/09setembro/16/matidemolicionraxo.jpg}images/ano2013/09setembro/16/DemolicionEstructuraRaxo_160913.mp4{/flowplayer}
Inicio PONTEVEDRA