Os candidatos á alcaldía de Pontevedra piden a participación da cidadanía

PONTEVEDRA> En Pontevedra o primeiro en achegarse ás urnas foi Miguel Anxo Fernández Lores. O candidato do BNG á alcaldía acudiu ás 9:15 horas á Casa da Cultura de Marcón acompañado, entre outros, de Lola Dopico, Guillerme Vázquez e o edil Alberto Oubiña.

O segundo en votar nesta xornada foi o candidato de Marea Pontevedra, acompañado pola número 2, Teresa Casal. Luís Rei acudiu ás urnas ás 10 da mañá no Colexio Vilaverde.

Moi contento acudiu hoxe a votar o candidato socialista. Tino Fernández, acompañado doutros membros da candidatura, achegouse ás 10:30 horas ao Albergue de Peregrinos.

Confiado e animado. Así se presentou o candidato popular ás 11:30 horas no Colexio Álvarez Limeses. Rafa Domínguez estaba arroupado pola súa familia e polo vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.

Un dos últimos candidatos en votar foi Goyo Revenga, de Ciudadanos. Fixoo sobre ás 12 horas no colexio de Campolongo.

Ao mesmo colexio tamén acudiu a votar Manuel Torres, o candidato de Vox en Pontevedra.

Cada un deles conta cuns obxectivos moi diferentes, pero todos eles coinciden en que esta noite é, sen dúbida, decisiva para Pontevedra.

ACTUALIZACIÓN: Miguel Anxo Fernández Lores non obtivo a soñada maioría absoluta e caeu aos 11 edís. Polo que el perdeu, o PP gañou outros dous e o PSdeG-PSOE un. Ciudadanos mantívose e Marea Pontevedra desaparece da corporación. Non conseguen tampouco representación Compromiso por Galicia, Podemos EU-Son En Común ou Vox, entre outras.

Comments are closed.