Vox cualifica á Deputación de ‘hembrista’ e Carmela Silva acúsaos de ‘machismo e incultura’

PONTEVEDRA> A campaña da Deputación de Pontevedra ‘365 Días, 365 Mulleres’ enfróntaa con Vox. O pasado 17 de abril recuperaban a figura de María Espinosa de los Monteros, activista feminista de comezos do século XX. Unha escolla que chamou a atención de Iván Espinosa de los Monteros, voceiro de VOX No Congreso, que se referiu ao goberno provincial como ‘hembrista’.

O pasado 17 de abril a Deputación de Pontevedra publicaba nas súas redes o perfil da empresaria María Espinosa de los Monteros, que fora activista polos dereitos civís e políticos da muller a comezos do século XX. Tratábase dunha publicación máis no marco da súa campaña ‘365Días 365 Mulleres’ coa que reivindica a diario a figura dunha muller.

A escolla chamou a atención do voceiro de VOX no Congreso, Iván Espinosa de los Monteros. No seu perfil de Twitter, o político relacionaba o seu apelido co da activista.

No seu chío, Espinosa de los Monteros referíase ao goberno provincial como ‘hembrista’. Cualificativo que tamén respondeu a presidenta provincial.

Silva aproveitou para criticar ao Partido Popular e ao seu novo líder, Alberto Núñez Feijóo, por formar goberno en Castela e León coa formación de ultradereita.

A presidenta pontevedresa afeou a Núñez Feijóo que apoie que en Castela e León o goberno non sexa paritario, contando con nove conselleiros e tan só tres conselleiras.