Educación di que o IES AI lla conta con máis mestres ‘dos que lles corresponden’

    Os alumnos de secundaria volveron hoxe ás aulas, sen incidencias na maior parte dos institutos da provincia de Pontevedra. A excepción volveu a darse na Illa de Arousa. Esta fin de semana a comunidade educativa deste IES iniciou unha protesta pola escaseza de profesores. Son 202 alumnos este curso e, segundo a Xunta, teñen incluso máis profesores dos que lle corresponderían. A ANPA e mailo Concello non o ven así. Na Illa de Arousa continúan en pé de guerra contra a consellería de Educación. A ANPA, co apoio do Concello, denuncia a masificación das aulas e a redución sistemática de profesores desde hai catro anos. Unha situación que provocou que no primeiro día de clase os alumnos non saben inda que horario de clases teñen nin que titor lle corresponde. Por iso esta fin de semana iniciaron unha protesta indefinida que iniciaron coa colocación de pancartas arredor do centro. Denuncian ademais que por mor desta situación este curso non poderán continuar con proxectos como o Abalar, ou o Voz Natura, pechará a biblioteca, e eliminaranse os clubs de lectura. Na consellería de Educación non están de acordo con esta protesta e defenden que neste instituto teñen os profesores que lle corresponden polo número de alumnos que teñen. A comunidade educativa do IES da Illa critica que inda non se lle asignou un profesor para o PCPI, como anunciou a Xunta a pasada semana. Neste sentido, o xefe territorial de Educación César Pérez Ares, indicou se resolverá entre hoxe e mañá. A edil de Educación da Illa reclama a Educación que atenda a esta comunidade educativa. Desde a Xunta indican que se lle trasladará ó claustro do IES un expediente que aclare esta situación. A comunidade educativa do IES advirte que continuarán con estas medidas de presión. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/09setembro/16/protestaiesillaeducacion.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/09setembro/16/protestaiesilla160913.mp4{/flowplayer}