‘Sobresaínte resposta’ das empresas ó Plan de Prácticas da Deputación

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra xerará preto de 500 novos postos de traballo na provincia. Así o anunicou esta mañá o presidente provincial. Rafael Louzán presentou ante os medios o que é o primeiro Plan de Prácticas Laborais en empresas do sector privado. Un total de 479 empresas de toda a provincia de Pontevedra solicitaron acollerse a este plan. En total a Deputación conta con dar 400 bolsas de traballo, que poderían verse incrementadas ata as 500. Irán destinados principalmente a xóvenes licenciados ou diplomados, sen experiencia no mercado laboral, e terán unha duración dun ano. O ente provincial sufragará cada contrato de xeito íntegro.

Este Plan de Prácticas laborais en Empresas do Sector Privado atópase na súa primeira fase, na que foron atendidas as solicitudes das empresas. Agora serán avaliadas e seleccionadas. Valorarase a continuidade nos postos de traballo que ofrezan ou a axuda á insercción laboral. A Deputación fará un control exhaustivo do traballo dos bolseiros durante a súa estancia nas diferentes empresas.

62 empresas do Salnés solicitaron acollerse a este plan, a terceira comarca da provincia que máis demandou por detrás da de Vigo e Pontevedra. Rafael Louzán conta que os primeiros bolseiros poidan comezar a desfrutar destas axudas a partir do mes de decembro.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/09setembro/24/planempregodipu240913.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/09setembro/24/PlanEmpregoDeputacion_240913.mp4{/flowplayer}