Rías Baixas seduce os padais de Canadá e o Benelux

 

Prescriptores de Canadá, Bélxica e Holanda visitan esta semana a D.O. Rías Baixas. Non só catarán os seus viños se non que tamén visitarán as adegas e os viñedos desta denominación, coincidindo ademais coa campaña de vendima. Tanto Canadá como o Benelux son arestora mercados importantes para os Rías Baixas, nos que están incrementando as súas vendas.

Dous profesionais relacionados co mundo do viño e dos medios de comunicación canadienses visitan estes días a denominación de orixe Rías Baixas, onde poderán descubrir de primeira man cómo transcorre a vendima. Amais da cata que tiveron esta mañá na sede do Consello Regulador, está previsto que visiten nove adegas das subzonas do Salnés, O Rosal e Condado de Tea.

Estes días tamén visitan a DO dous consultores de viño e tamén asesores de importadores procedentes do Benelux, para coñecer máis en profundidade os viños de Rías Baixas, e a súa elaboración. Desde o Consello consideran esencial que os prescriptores vivan de preto a realidade desta denominación.

Non son as únicas visitas estranxeiras á DO. A pasada semana, dous responsables de compras da cadea británica Waitrose, estiveron catando no Consello Regulador viños Rías Baixas que inda non se están a comercializar no Reino Unido. En total cataron 27 marcas, das que destacaron a súa boa calidade.

 

{flowplayer img=images/ano2013/09setembro/24/visitaprescriptoresdo240913.jpg}images/ano2013/09setembro/24/visitaprescriptoresdo240913.mp4{/flowplayer}

{hwdflowplayer provider=video,mp4=images/ano2013/09setembro/24/visitaprescriptoresdo240913.mp4,width=500,align=center,image=images/ano2013/09setembro/24/visitaprescriptoresdo240913.mp4}