Pontevedra> O Salón de Libro Infantil e Xuvenil continúa con centos de actividades no Pazo da Cultural de Pontevedra. Nesta xornada estudantes da ESO e de Bacharelato puideron desfrutar do obradoiro “Historias debuxadas”. Unha cita impartida por Luis Davila e Kiko Dasilva que tiña como fin amosar a estes estudantes que o humor gráfico tamén é unha posibilidade de futuro laboral.
O salón de actos do Pazo da Cultura acolleu esta mañá o obradoiro de ilustracións “Histotrias debuxadas” unha cita dirixida ao alumnado da ESO e Bacharelato e impartida por Luis Davila e Kiko da Silva. O obxectivo desta actividade, enmarcada dentro da celebración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, non é outro que amosar o día a día do humor gráfico, do deseño gráfico, unha arte que sen dúbida é unha posibilidade de futuro para estes estudantes.
Uns estudantes que consideraron moi interesante este obradoiro…
E o que máis lles gustou foi…
Un obradoiro moi ben valorado tamén polos protagonistas do mesmo, por Luis Davila e Kiko Da Silva quenes teñen claro que traer aos rapaces a aprender arte é unha tarefa moi importante.
Un Salón do Libro que continuará cun sinfín de activdiades, mañá entre outras coa representación teatral de O secuestro da bibliotecaria, de Sarabela Teatro, e dende hoxe e ata este sábado co I Congreso Internacional de Mediación Lectora, estas son soamente algunhas das iniciativas poden consultar toda a programación en www.salondolibro.gal