O galego, o mellor ingrediente da cociña do cole de Rubiáns

VILAGARCIA>  Comer dun xeito saudable, mentres se fomenta o uso do galego. Estamos a falarlles dunha iniciativa impulsada no colexio de Rubiáns, en Vilagarcía. Os pequenos aprenderon hoxe a cociñar saborosas receitas, cos mellor produtos da gastronomía galega. A iniciativa forma parte do programa de normalización lingüística do centro.

A cociña feita en galego sabe moito mellor. Iso o sábeno moi ben no colexio de Rubiáns. Os seus alumnos enfundaron hoxe o mandilón e metéronse en faena. Coa lingua como ingrediente principal, a rapazada preparou varios pratos saudables, inspirados na tradición gastronómica galega. Esta actividade forma parte do programa de normalización lingüística do centro, unha tarefa máis que necesaria entre as xeracións máis cativas.

Ricardo Santamaría volveu facer, por terceiro ano, de mestre de cerimonias. O chef ensinoulles receitas doadas, prácticas e saborosas. Todas elas con ingredientes moi saudables.

Ensalada de fabas de Lourenzá , hummus ou unhas orixinais patacas preparadas no microondas foron só algunhas das propostas que este grupo de alumnos de 6º de primeira  conseguiu sacar adiante. Despois de cociñar, tocou comer: tódolos alumnos do colexio participaron nunha degustación que a máis dun sóubolle a gloria.