O Nadal traerá 6300 postos de traballo á provincia

Pontevedra> A campaña de Nadal xerará 6300 postos de traballo no comercio da provincia. Así o indican dende a Federación do Comercio de Pontevedra. Dende esta entidade aseguran que o ano 2016 pechará as súas portas cun incremento nas vendas en relación ao pasado ano. A Federación destaca ademais as extraordinarias campañas que se levaron a cabo no comercio tanto na volta ao cole como no recente Black Friday. 

 

6300 postos de traballo chegarán a provincia de Pontevedra grazas a campaña de Nadal. Datos que facilitan dende a Federación de Comerciantes da provincia. Dende esta entidade anuncian que ata o día 31 de outubro o incremento no número de vendas ascendeu nun 26 por cento en relación ao pasado ano e destacar como campañas extraordinarias tanto a volta ao cole como o Black Friday. Queda agora por diante unha das campañas máis importantes do ano a do Nadal. 

Uns dos comercios que máis venden nestas datas sos as xogueterías que facturan preto do 65 por cento das vendas de todo ano. 

E o ambiente navideño xa se comeza a notar… 

Dende a Federación do Comercio estiman que a comarca de Pontevedra facture unhas vedas de máis de 48 millóns de euros e a do Salnés de 38 millóns de euros nesta campaña de Nadal. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/01/campana_nadal_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/01/campana_nadal.mp4{/flowplayer}