Este domingo…Walk with Ethiopia

Pontevedra>Esta fin de semana a Asociación Prohibido Rendirse encabeza un proxecto solidario que parte da ONG Abay Etiopía. A iniciativa consiste nunha andaina que sairá ás 11 da Illa das Esculturas e cuxos beneficios irán integramente destinado á construción de 4 aulas nun centro educativo de Etiopía. Se son dos que pensan que algo deberían facer polos máis desfavorecidos neste mundo esta fin de semana teñen unha oportunidade única. A Asociación Prohibido Rendirse encabeza un proxecto solidario que parte da ONG Abay Etiopía, unha andaina de 5 quilómetros que terá moita importancia nun centro educativo deste país africano. Os 5 euros de inscrición irán destinados integramente a este proxecto. Os interesados está a tempo de inscribirse nesta andaina solidaria que partirá ás 11 da mañá dende a pasarela peonil da Illa das Esculturas. De momento hai preto de 45 persoas inscritas, e dende a organización, din que o éxito estaría garantido coa asistencia de 100 participantes. Dende a asociación Prohibido rendirse animan a todo o mundo a participar nesta andaina solidaria. Así que xa o saben se queren aportar o seu graniño de area teñen unha cita este domingo 1 de outubro ás 11 da mañá na pasarela peonil da Illa das Esculturas