Pontevedra acude a FITUR por mil euros

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra gastará uns mil euros na súa participación en FITUR da vindeira semana. Un orzamento ben escaso co que pretenden lucir na Feira Internacional de Turismo de Madrid grazas ó seu embaixador, o loro Ravachol.

O Concello de Pontevedra presenta a súa Aposta para FITUR 2014; unha sinxela proposta na que destacará sobre todo a mascota do Entroido: o loro Ravachol. Varias aves de peluche van camiño de Madrid para animar esta Feira Internacional de Turismo. De mércores a venres, nas xornadas para profesionais, percorrerán os stands doutras comunidades; xa na fin de semana animarán o departamento que a Cidade do Lérez ten no apartado de Turgalicia.

Deste xeito, o loro será o leitmotiv dun concurso nas redes sociais. Amais das mascotas, proxectaranse vídeos turísticos sobre a Cidade, especialmente un no que se amosa o casco urbán iluminado.Unha participación, que malia a ser discreta, agarda obter certa notoriedade de entre toda oferta turística. E é que Pontevedra é unha aposta segura no turismo galego, ben sexa como destino en exclusiva ou como parte dun roteiro polas nosas terras, grazas a súa situación estratéxica.

Carlota Román estará en Madrid apoiando a proposta pontevedresa o venres; malia a crer que FITUR xa non é o que era.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/17/pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/17/previa_fitur_pontevedra.mp4{/flowplayer}