Manuel Barros: ‘Pontevedra ten moitos pretendentes, aínda non sabemos quen será a nova ou novo comisario da cidade’

Pontevedra. Maica Larriba recibiu hoxe no seu despacho a Manuel Bouzas, o comisario da Policía Nacional que xa anunciou que se xubilará en Pontevedra. Larriba agradeceu todo o traballo realizado por Bouzas, o comisario pola súa banda dixo que aínda non ten constancia de quen o substituirá en Pontevedra e que o único asunto que lle queda pendente, e do que agarda unha pronta resolución, é a desaparición de Sonia Iglesias.

Maica Larriba recibiu hoxe no seu despacho ao comisario da Policía Nacional en Pontevedra quen xa anunciou a súa xubilación. A subdelegada do Goberno quixo agradecer o servizo prestado durante estes anos, un servizo que conseguiu baixar notablemente os delitos leves e graves na cidade.

O comisario, Manuel Bouzas, dixo que isto é posible grazas ao gran equipo que o rodea e o acompaña na cidade de Pontevedra.

En relación ao seu substituto ou substituta dixo que de momento non coñecía quen ocuparía o seu posto na cidade. Bouzas dixo que Pontevedra ten moitos pretendentes pero aínda non hai ningún nomeado oficialmente.

En relación á preguntas dos xornalistas, sobre se lle queda algunha espiña cravada destes anos, a resposta o comisario tena clara, resolver o caso da desaparición de Sonia Iglesias.

Un caso no que se segue investigando, e onde por certo, mañá venres, a subdelegada e o comisario manterán un encontro coa irá de Sonia Iglesias, con Mari Carmen na subdelegación do Goberno.