A provincia de Pontevedra rexistrou unha ocupación media do 83% en agosto

PONTEVEDRA> O mes de agosto deixou unha ocupación media do 83% na provincia de Pontevedra. Uns datos que, segundo a presidenta da Deputación, situaron ás Rías Baixas como o “puntual turístico de Galicia”. Ademais, na Boa Vila incluso se superou o 87%. Os motivos principais polos que visitan a nosa provincia seguen a ser a cultura, a gastronomía e a natureza.

A provincia de Pontevedra rexistrou unha ocupación media do 83% durante o mes de agosto. Estes datos, a pesares de significar 5 puntos menos que os obtidos no ano 2018, foron valorados positivamente esta mañá pola presidenta da Deputación.

Por comarcas, a do Salnés situouse nun 88% e a de Pontevedra nun 86%.   Entre os datos presentados esta mañá por Carmela Silva, destacan, sobre todo, os referentes ao turismo rural. Neste sector a media foi de 84%.

En canto o perfil dos turistas que visitaron as Rías Baixas no mes de agosto, o 85% era nacional. A maioría situábanse entre os 35 e 60 anos e se aloxaban entre 7 e 15 días nos hoteis de Vigo, Pontevedra, Sanxenxo, O Grove ou Poio. Os motivos das súas visitas seguen sendo a cultura e a gastronomía

A presidenta da Deputación de Pontevedra adiantou tamén esta mañá as estimacións de ocupación para setembro. Segundo os datos ofrecidos por Turismo Rías Baixas a ocupación media roldará este mes o 51%.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí