A saúde mental, a integración asistencial e a mellora dos tempos, prioridades do Sergas para 2026

GALICIA> O SERGAS traza a súa folla de ruta para 2026. Esta mañá asináronse os Acordos de Xestión para este ano coas sete áreas sanitarias, entre elas a de Pontevedra e O Salnés e a de Santiago e O Barbanza. Marcan como prioridades a atención á saúde mental, a integración asistencial e a mellora dos tempos.

O conselleiro de Sanidade, xunto co xerente do SERGAS e os responsables das sete áreas sanitarias do país, entre elas elas a de Pontevedra e O Salnés e a de Santiago e O Barbanza, asinaron este mércores os Acordos de Xestión para 2026. O conselleiro marcou tres grandes obxectivos para este ano a atención á saúde mental, a integración asistencial e a mellora dos tempos.

Antonio Gómez Caamaño explicou que os obxectivos de xestión sanitaria da Xunta se agrupan en torno a tres eixes: a asistencia sanitaria, os recursos humanos e os recursos económicos.

Neste ano, redúcense os obxectivos, pasando de máis de 70 a pouco máis de medio cento. Di o conselleiro que o que se pretende así é priorizar mellor.

E apuntou que temos por diante un ‘contexto complicado’ marcado polo envellecemento da poboación, a complexidade clínica e o déficit de profesionais en determinadas especialidades.