Galicia xa exhibe os seus encantos en Fitur

MADRID> Hoxe arrancou Fitur, a feira de turismo máis importante de España. Galicia acode a esta edición centrando os seus esforzos na promoción do Xacobeo 2021. O vicepresidente da Xunta participou esta mañá nos primeiros actos do stand galego, nunha edición inaugurada pola raíña Letizia.

O vicepresidente da Xunta, acompañado do Conselleiro de Cultura e da Directora de Turismo de Galicia, percorreron o stand galego.

Alfonso Rueda salientou que esta é unha edición clave para a promoción xacobea.

Rueda entende que Galicia está ás portas dunha oportunidade única, cun evento internacional que está chamado a atraer á nosa comunidade a milleiros e milleiros de persoas.

Nesta xornada inaugural de Fitur, polo stand de Galicia foron sucedéndose multitude de presentacións. O vicepresidente participou no da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. Asistiu tamén á presentación sobre a presenza de Turexpo na Feira Internacional Abanca Semana Verde.Para Alfonso Rueda, Fitur é xa unha cita imprescindible na que demostrar toda a potencialidade da nosa comunidade.

A raíña Letizia foi a encargada este ano de darlle o pistoletazo de saída á feira.

Todo o que aconteza en Fitur ata o vindeiro venres e que teña interese para a nosa área de influencia, poderán seguilo aquí en Canal Rías Baixas. Un equipo humano de seis persoas despregado á capital de España encargase de ofrecerlles cumprida información que poderán seguir tamén a través da web canalriasbaixas.com.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí