A Xunta premia os concellos que impulsan novos proxectos para fixar poboación no rural

GALICIA> A sangría demográfica é un dos principais retos ós que se ten que enfrontar Galicia. Na procura de proxectos que fixen poboación nos concellos rurais, a Xunta impulsa os Premios á Dinamización Demográfica. O certame, que entregou hoxe os galardóns da súa primeira edición, busca poñer en valor iniciativas impulsadas por municipios e que sirvan de exemplo para outras localidades.

A perda de poboación no rural é un dos grandes retos ós que se ten que enfronta-la Galicia do presente e do futuro. Para recoñece-lo papel activo dos Concellos nesta encomenda, a Xunta impulsa os Premios á Dinamización Demográfica, nos que se recoñece os proxectos impulsados dende o ámbito local. Porque atopar solucións para a sangría demográfica do rural atinxe a todos.

O vicepresidente da Xunta explica que as razóns do despoboamento está clara: sen oportunidade de traballo a xente marcha. Para atalla-lo problema, di Alfonso Rueda, o que cómpre son solucións como as propostas polos concellos que participaron nesta primeira edición dos Premios á Dinamización Demográfica. Un dos campos de acción, como non podía ser doutro xeito, pasa por apostas innovadoras no sector primario.

O futuro do rural pasa tamén por novos xeitos de explota-lo sector turístico, como ferramenta para rehabilita-las aldeas e asentar novas familias nelas.

O primeiro premio destes novos galardóns foi para o concello ourensán da Veiga, polo impulso dun viveiro de emprego para o fomento do emprendemento no sector primario. O segundo galardón foi parar para Parada de Sil e o terceiro, foi concedido a Cervo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí