Accidente en Barrantes

    Clio Sport accidentado en BarrantesNa tarde do sábado o vehículo que ven na imáxe, un Renault Clio Sport de cor azul, batía contra o gardarail de saída da rotonda ubicada no enlace Cambados – Ribadumia, que leva a autovía do Salnés. O mal tempo así como adaptar a conducción o estado da vía puderon ser as causas do accidente. Afortunadamente os ocupantes do vehículo, non resultaron feridos de gravidade, namentres que o vehículo perdeu un eixo, unha roda, e sufriu importantes danos no lateral dereito, frontal e no motor. Segundo algunha testemuña o Renault Clío so levaba un nas mans do seu propietario,un xoven da comarca do Salnés. {gallery}galeria/accidente_barrantes{/gallery}