Gonzalo Durán pide a dimisión da nova presidenta da Mancomunidade do Salnés ‘por roubar’

VILANOVA> Gonzalo Durán pide a dimisión da nova presidenta da Mancomunidade do Salnés. O alcalde de VIlanova di que Marta Giráldez asumiu o cargo de forma ilexítima. Con todo o rexedor, descarta abandona-lo ente comarcal. Di que Vilanova é un dos tres concellos fundadores e que debe seguir formando parte do organismo, unicamente, di, polo ben da localidade.

Gonzalo Durán di estar farto de falar da Mancomunidade do Salnés, que el presidía ata este luns. O alcalde de Vilanova quere poñerlle fin a seis meses de polémica engadindo un novo capítulo ao culebrón. O popular pide a dimisión da nova presidenta. Entende que Marta Giráldez fíxose co poder de forma ilexítima.

O expresidente do órgano comarcal indica que o último ano á súa fronte foi “desagradable”. Insiste na súa proposta dunha presidencia rotatoria para a Mancomunidade e apunta a que agora o que lle toca, como alcalde de Vilanova, é centrarse nos intereses do seu concello. Confirma a continuidade de Vilanova dentro da Mancomunidade.

A Mancomunidade do Salnés, entre tanto, recupera a normalidade. Esta tarde quedou aprobada a conta xeral do ente nun pleno extraordinario.