A Mancomunidade asina mañá a cesión á Xunta dos terreos para ampliar o hospital

    VILANOVA> A partires de mañá, os terreos para a ampliación do Hospital do Salnés pertencerán á Xunta. Cando menos, durante os vindeiros tres anos. Así o anunciou o presidente da Mancomunidade, Gonzalo Durán, que mañá se trasladará a Santiago para asinar a cesión ante notario.

    A Mancomunidade cumprirá mañá o último trámite que queda pola súa banda para a ampliación do Hospital do Salnés.

    A partires dese momento, a pelota da ampliación do centro comarcal xa estará no tellado da Xunta.

    Segundo o acordo, os terreos pertencerán á Xunta durante os vindeiros tres anos. Un tempo no que as obras de ampliación do centro deberían estar rematadas.

    Sobre a ampliación do aparcadoiro do hospital, Gonzalo Durán agarda que, coa tregua climatolóxica, poida empezar a usarse mañá mesmo.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/05/hospital_salnes_050314.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/05/hospital_salnes_050314.mp4{/flowplayer}