PONTEVEDRA> O coronavirus non pode coas Mulleres que opinan. O encontro de xornalistas e columnistas mantense este ano, cun formato adaptado á nova realidade. O evento, impulsado como sempre polas xornalistas Susana Pedreira e Diana López, muda o Teatro Principal de Pontevedra por unha versión telemática. Centrase na precariedade na que moitas xornalistas tiveron que facerlle fronte á crise da COVID-19.
O coronavirus levou por diante a terceira edición física das Mulleres que opinan son perigosas. O foro, rexurde cunha versión especial a través da internet, poñendo o foco na realidade das xornalistas e columnistas durante a crise da COVID-19.
O evento vaise celebrar os días 26 e 27 deste mes, con convidadas que durante a pandemia lle tiveron que facer fronte á xestión informativa da crise. Un tratamento mediático que conseguiu desvia-la atención, poñendo o foco na perspectiva de xénero e nas concentracións do 8M, e sobre o que agora cómpre reflexionar.
O Concello de Pontevedra é un dos colaboradores das Mulleres que Opinan. Tamén a Deputación de Pontevedra. A súa presidenta aproveita para denunciar que o papel da muller no xornalismo continúa nunha situación grave.
Datos preocupantes tamén en canto ós postos de responsabilidade. Segundo ese mesmo estudo que indicaba Carmela Silva, dos 100 programas e medios informativos máis relevantes, só o 25% está dirixido por mulleres.