O PP denuncia que Pontevedra ten un servizo de recollida de residuos “adaptado al siglo pasado”

PONTEVEDRA> O Partido Popular levará ao próximo Pleno unha moción na que esixirá ao Concello unha mellora inmediata da recollida de residuos. Así o anunciou esta mañá a edil Pepa Pardo, que denunciou tamén a falta de explicacións neste eido por parte do goberno municipal. Ademais, a popular recordou que o contrato de lixo actual de Pontevedra é do ano 1999 e, polo tanto, non está adaptado aos novos tempos.

O debate das últimas semanas en relación coa falta de limpeza en Pontevedra será levado polo Partido Popular ao próximo Pleno. Dende a agrupación municipal denunciaron nos últimos días a pésima xestión e a imaxe deplorable que se está dando neste eido e ademais aseguran sentirse atónitos ante a falta de explicacións por parte da corporación local.

Para os populares, as causas da falta de limpeza na cidade son dúas. Por unha banda, o contrato de lixo. Un contrato do ano 1999 deteriorado e obsoleto.

O Partido Popular volve a poñer o foco no compost. Para eles, este é o principal motivo das continuas prórrogas do goberno municipal.

Ante esta situación, os populares piden ao goberno municipal que leve a cabo unha reunión coa empresa que xestiona a recollida de residuos para mellorar, de maneira inmediata, este servizo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí