Máis de 2.000 comensais confirman que nin a chuvia pode co Carneiro ao Espeto

MORAÑA> A Festa do Carneiro ao Espeto cumpriu onte 46 anos, e foron máis de 2.000 as persoas que se achegaron ata Moraña para celebralo. A organización repartiu 106 lotes para os asistentes, e outros 126 para aqueles que preferiron gozar do carneiro en casas e restaurantes. Todo un éxito que nin a chuvia foi capaz de amargar.

 

O carneiro morañés puido máis que a chuvia.

Esta fin de semana, Moraña volcouse para a celebración dunha das súas festas máis populares.

Testemuña disto son a máis de 2.100 persoas que se desprazaron para xantar na carballeira. Para a edición número 46, a organización asou 232 carneiros e vendeu 106 en lotes para comer na propia carballeira.

Todo un éxito que se atribúe ao xeito de facer dos 12 asadores que comezan o traballo ás 6 da mañá.

Ademais do xantar, o concello preparou numerosas actividades nas que, segundo calculan, participaron preto de 4.000 persoas.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/27/carneiro_espeto.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/27/carneiro_espeto.mp4{/flowplayer}