O PP e os comerciantes da cidade únense contra o peche de Raíña Vitoria

PONTEVEDRA> O presidente do PP de Pontevedra reuniuse hoxe con varios comerciantes da cidade para analizar as consecuencias do peche da Avenida Raíña Vitoria. Na reunión estiveron tamén presentes os representantes da Cámara de Comercio, de AEMPE e de AJE. Todos eles mostraron o seu rexeitamento a esta medida, ao entender que é completamente inxustificada.

O peche ao tráfico desta rúa segue espertando críticas na cidade. Os últimos en mostrar o seu rexeitamento foron eles. O PP de Pontevedra reuniuse esta mañá cos representantes da Cámara de Comercio, de AEMPE e de AJE, así como tamén con varios comerciantes e veciños da zona, para analizar as consecuencias desta decisión. Unha medida que, segundo eles, está a ter un gran impacto negativo na cidade.

Os empresarios da cidade están convencidos de que o goberno local está a utilizar a pandemia como unha escusa para implantar esta medida. Un peche ao tráfico que, ademais, provoca graves colapsos nas rúas contiguas.

Co obxectivo de reabrir esta rúa ao tráfico o antes posible, o PP de Pontevedra fará de altofalante, no vindeiro Pleno municipal, de todos os comerciantes e veciños. Ademais, nesa sesión plenaria, os populares solicitarán tamén a elaboración dun plan de mobilidade sostible e dun estudo de tráfico na zona.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí