Sanxenxo ten unha débeda de 1,8 millóns de euros con Pontevedra polo abastecemento da auga

Pontevedra> As augas do río están revoltas entre Sanxenxo e Pontevedra. O concelleiro da Auga da cidade do Lérez anunciou esta mañá que o contencioso que anunciou Telmo Martín por esta materia non influirá na licitación do contrato da auga. Raimundo González anunciou tamén que Sanxenxo ten unha débeda de un millón 800 mil euros por este ben co concello da Boa Vila. O Concelleiro responsable do ciclo da Auga anunciou esta mañá que o contencioso que presentarán dende o Goberno de Sanxenxo, anunciado por Telmo Martín, non influirá na licitación do contrato da auga. González non entende por qué Telmo Martín da este paso cando o concello de Sanxenxo ten unha débeda de 1 millón 800 mil euros co de Pontevedra por este servizo. González dixo esta medida trátase dunha actitude pouco seria. González dixo que se trata dunha Telmada máis, á que non lle dan importancia, di que este tipo de cousas as realizan aqueles políticos que non teñen nada que facer. Raimundo lembrou que o propio prego do servizo da auga de Pontevedra xa recolle a posibilidade de facer un consorcio para a xestión da auga potable, o que dixo, demostra a mala fe e a ignorancia elevada por parte do rexedor de Sanxenxo. Raimundo lembrou que como non hai convenio non terían por que dar a auga a Sanxenxo, pero que Pontevedra dálla aos veciños de Sanxenxo, non a Telmo Martín.